Aviso legal

Información xeral

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

A información cartográfica amosada está en proceso de revisión, actualización e adecuación aos estándares de calidade esixibles. Existe a posibilidade de erros de xeoposicionamento nos datos mentres ditos traballos de revisión non rematen. A información vectorial non ten validez legal ao tratarse dun produto derivado dos planos do documento orixinal dilixenciado, pero non formar parte do mesmo.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións: (1) Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información. (2) O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.